leituga ([info]leituga) wrote,
@ 2007-03-15 18:52:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend!  Next Entry
Current music:Jeff Buckley - Hallelluja

E xa van tres
Parece mentira qué rápida se está a pasar esta lexislatura e qué paseniño a anterior.

O terceiro 14-M pasou, e falta menos para novas eleccións (espero que non anticipadas). As do 2004 foron as miñas primeiras eleccións xerais (coido que a primeira vez que votei foi o ano anterior, nas locais de Gondomar -ai, qué lugar-). Para as xerais tiven que votar por adiantado, xa que ía estar fóra. Supoño que a algúns xa vos soa a historia (e senón, podedes ir ao comezo deste blog, moito máis insidioso e mordaz que agora, todo hai que dicilo) pero o 12 de marzal dese ano eu marchaba a París, tras saber do accidente da miña avoa e crer coma unha idiota nas primeiras roldas de prensa de Acebes (pásame por confiada), aínda que grazas a Gabilondo marchei coa mosca trala orella. Así que votei a finais de Febreiro sen pensar no 11-M, e prostituín o meu voto (é un xeito como calquera outro de dicilo). Si, recoñezo que non votei a quen tiña pensado por favorece-lo voto útil. Aínda me arrepinto agora, e non por ZP, senón por darlle vaite ti a saber cantos escanos ao Psoe de Pontevedra, niño de serpes.
Recoñezo que durante todos estes anos houbo decisións do Goberno que apraudín moito, e outras que critiquei -e critico- con acritude. O 14 de Marzal do 2004 supuxo un antes e un despois a tódolos niveis na miña vida, e non, non esaxero. Unha etapa da miña vida que remata, a incertidume do futuro... e unha nova etapa política. Vaia día! Cando aterrei en Compostela e me deron a nova, non o podía crer. Sentinme parte do cambio, aínda que o meu pai non mo perdoou, con razón; el é dos que di que prefire un gobernante do PP que un do Psoe, xa que co primeiro sabes o que che espera, e non che crava a puñalada polas costas coma o segundo. Jeje.
Ben, pois a un ano de que remate a lexislatura paréceme de xustiza louva-las decisións ben tomadas, coma a volta dos soldados do Iraq, a legalización do matrimonio gay (isto lémbrame á camiseta dunha amiga que di: agora que podo, non quero) ou o intento de chegar a algún acordo con ETA. Se ben, coido que antes de falar deste tema haberá que darlle tempo ao tempo para descubrir qué foi o que fallou, xa que as decisións que veñen de Madrí teñen ese problema... que veñen de Madrí. Pero non todo van ser louvas, e coido que houbo decisións moi criticables, coma o tan polémico Estatut catalán, pactado ás costas do goberno autonómico. Unha estratexia que non sei eu quén idearía, pero unha vez máis cheira a Madrí.

En fin, de aquí ao ano que vén aínda poden pasar cousas, para ben ou para mal, pero algo me di que na vindeira lexislatura non vai ser tan doado que ZP obteña os mesmos resultados. O voto útil tivo o seu momento, pero agora coido que tódolos que o empregamos voltaremos ao noso lugar político inicial, e o PP vai ter máis dos que nos pensamos, que esta nova dereita faltona está do máis guerrilleira.


PD: Eu non teño ningún problema con Madrí como cidade, pero si como embigo do mundo. Leituga dixit.
PPD: Pois si, quero recuperar o cáriz inicial deste blog, que teño tan abandonado ultimamente (o fotolog é tan rápido e banal que me deixei levar).



(Post a new comment)


(Anonymous)
2007-03-16 11:30 am UTC (link)
Ais, non sei como por que son turonio.... o livejournal é ben raro.
De cando en vez recunco nas tuas follas.
O de prostituír o voto... non o esperaba de ti ;)

(Reply to this)


(Anonymous)
2007-03-16 05:37 pm UTC (link)
saúdos doutra verdura prostituta :P

brocco.

(Reply to this)(Thread)


[info]raparigha
2007-03-17 05:12 pm UTC (link)
Isso de rápido e banal quedou um pouco chungo, não? :P igual simplesmente é divertido e a gente já está farta de ponher-se de mal humor coas coisas de sempre...Aínda q eu deixei de escrever aqui precisamente por isso xDDDDDDDD já me pasei ao lado escuro definitivamente! xD

(Reply to this)(Parent)


Create an Account
Forgot your login?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…