| leituga ( @ 2007-02-19 00:02:00 |
| Current mood: | :-D |
| Current music: | a tele de fondo... claro que non é precisamente música |
This is the end...
Ao final chorei ao despedirme. O venres foi un día triste, e voltei chorar ao chegar a casa. Levaba toda unha semana (todo un mes, máis ben) concienciándome, dicíndome a min mesma que este día ía chegar, pero ao final non fun quen. Son unha choromicas, xa sei. Trala reunión (uf) do xoves e o xantar becario do venres, tocou despedida á tardiña. Uns bombóns, licorcafé (son unha cachonda, xa o sei) e bágoas a treu. Sei que non o lerán, pero como dixera nun post anterior, grazas GRAZAS a tod@s, porque me tratastes xenial e porque quedei con ganas de máis.
O meu titor da beca díxome que se quero podo propor temas ao equipo de reportaxes da radio e se algún se aproba, podo levalo adiante (e pagaranme por elo! incrible! espero que non saiba que podería facelo gratis só por seguir alí). Ogallá funcione. Ademais, sexa como sexa teño que voltar, porque o día 10 de marzal vou estar n'A Galería (o programa cultural dos sábados pola tarde) unha horiña, e ademais esquecín facer un par de cousas antes de despedirme o venres (son un desastre!).
E polo demais... pois o martes I. e eu marchamos Francia adiante. Imos facer un roteiro polos castelos do Loira e despois imos a París (unha cidade de estraña lembranza). Xa vos contarei á volta.
Novas en xeral: o asunto 'gondomarense' fede que alcatrea/ ao final non teño que usar gafas/ ogallá o de Dionisio Pereira remate xustamente/ sigo sen sabe-lo resultado final de dúas materias/ ...felicidade en xeral :-)