leituga ([info]leituga) wrote,
@ 2007-01-23 19:22:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend!  Next Entry
Current music:Baba O'Riley - The Who

Cousas da vida
Para comezar e coma sempre digo nestes últimos tempos: sigo viva.

O día 15 de Febreiro remato as prácticas en Radio Euskadi. Supoño que ninguén dos que ten traballado comigo ata hoxe (e ata o vindeiro 15) lerá isto, pero dende aquí gustaríame dárlle-las grazas. Recoñeco que comecei con medo, porque é a primeira vez que entro nun medio de comunicación (a foto de aniversario no Xabarín Club non conta) e non tiña moi claro qué facer. Os primeiros días foron un pouco caóticos. Non sabía cómo locutar, tiña nocións básicas de redacción e non tiña nin idea de cómo funcionaba nin a Intranet nin o programa de Edición. Agora tampouco é que sexa unha experta, pero vaia...
Co paso das semanas e dos meses aprendín moito, moitísimo, e non só a nivel 'profesional'. Aprendín a comprender a persoas doutras ideoloxías, a rirme de min mesma (e dos demais) e sobretodo a perde-lo medo. Medo aos teléfonos, aos descoñecidos e ao directo. Os que me coñecedes sabedes de sobra que son bastante máis medosa do que parezo e que o medo ao ridículo pode comigo en moitas ocasións. Pero coido que, senón o superei 100%, case. E aínda que só sexa por iso, xa estou contenta.
Dende este pequeno espazo meu, quería dárlle-las grazas a todos, antes de que remate a beca.
Grazas a Pedro, polo seu tempo, paciencia e humor.
Grazas a Iñaki polos chistes
Grazas a Dani polo galego na diáspora
Grazas a Mikel polas facilidades
Grazas a Arantza por confiar en min para os directos daquela ponte
Grazas a Maite por se-la nai de todos
Grazas a Cris polos auxilios en local
Grazas a Morejón... polos comentarios verdes? non, non sei se darche as grazas :P
Grazas a Julen por levarme con el
Grazas a... Bittor, Isa, Jaione, o outro Iñaki, o outro Dani, Ane, a outra Cris, Goizalde, Maitane, Iker, Alberto, Tito, Javi, Maider, Aitor, Ágatha... e a quen me deixe atrás.




...e para quen non o saiba:

Venres 9 de Febreiro
ás 20:00h
IES 'Auga da Laxe', Gondomar
Mesa Redonda con Xose Lois Vilar, Antonio Monroy e a Leitu.
'A recuperación da Memoria Histórica'



(Post a new comment)


[info]minoritario
2007-01-23 08:03 pm UTC (link)
Noraboa por tan boa experiencia! E saúdos

(Reply to this)


[info]caperucita_
2007-01-23 11:35 pm UTC (link)
Curioseando journals e enlazando intereses cheguei ata aquí... e cal é a miña sorpresa cando lendo un pouco fíxome en que eres de Gondomar, e resulta que meu pai é de Gondomar e eu vivo preto :D
En fin, fíxome gracia a casualidade.
Un saludo vermello e perdón pola intromisión :)

(Reply to this)


[info]raparigha
2007-01-25 11:39 pm UTC (link)
Se não o lem déixa-lhes uma nota como quem não quere a coisa co endereço da página q seguro q lhes fai ilusião :P
Alédo-me de q sigas tam contenta, incluso ao rematar, és tudo um exemplo a seguir! E dígocho em sério...
Q sigas tam contenta coa carreira e cos próximos projeitos!
Beijos!

(Reply to this)

RETOS
(Anonymous)
2007-02-03 09:17 pm UTC (link)
Moitas veces preséntasenos retos na vida que non sabemos como acabarán, mais sempre nos esforzamos porque saian ben. Un saudiño para a Leituga dende a comarca do Morrazo.

(Reply to this)(Thread)

Re: RETOS
(Anonymous)
2007-02-03 09:18 pm UTC (link)
Esquecín identificarme. Son BOEDENSE: http://www.blogoteca.com/boedense

(Reply to this)(Parent)

For my old friend
(Anonymous)
2008-02-03 04:24 pm UTC (link)
Hello, my Dear......Tell me , what my photo doing there?....??
http://searchresultspage.tripod.com

(Reply to this)

What i can find on this forum ? I new here
(Anonymous)
2008-04-06 04:12 am UTC (link)
HELLO ALL. LOOK FREE SEX VIDEOS:
http://sexvideos.createblog.com/blog/entry.php?id=9169

(Reply to this)


Create an Account
Forgot your login?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…