leituga ([info]leituga) wrote,
@ 2006-10-26 19:53:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend!  Next Entry
Current mood:esgotada... pero ben
Current music:I got life - Nina Simone

Finais de outubro
Á fin xa temos Internet no piso. Orange non comeza con bo pé.

Os días pasan, sen tempo nin de pensar. Estou contenta, porque este curso parece adsequible (con esforzo, iso si), porque as cousas enderézanse e tamén porque me gusta o que estou a facer. Creo que xa o sabedes, pero por se acaso: hai case un mes comecei a facer prácticas en Radio Euskadi (www.eitb.com, se queredes oílo) e a verdade é que estou moi contenta. Estou en informativos, e redacto e locuto noticias, crónicas... vou de 16h a 20h e o que eu fago sae en Crónica da Tarde, ás 20h. Gústame, sei que xa o dixen. Gústame moito e sinceramente agora penso que esta pode ser unha vía, un posible roteiro a seguir. Quen sabe. De momento fixen unha morea de crónicas e algunha noticia, e saíron varias delas: a nova sobre as declaracións de Putin, unha sobre o estado de Galiza, sobre o mozo vasco condenado a morte en Filipinas, sobre as eleccións en Ecuador,... (e outra sobre a pesca da antxoa, certo).

Polo demais, as cousas aquí (nas altas esferas) parece que se complican: armas roubadas o día antes da votación no Parlamento Europeo... non sei, pero alguén parece ter ganas de troula, e non está o forno para bolos (tranquila, mamá). No meu pequeno reducto, tudo bem.

PD: Sei que son incongruente, pero téñomo merecido, hai un mes queixábame de non ter nada que facer e hoxe estou feita pó. Levo un ritmo acelerado, pero son feliz.



(Post a new comment)


[info]raparigha
2006-10-29 08:22 pm UTC (link)
Isso é bom mulher! Mentres haxa saúde, hà q mover-se e não quedar-se quieta :P já pareço uma avoa...
Alédo-me de q estés máis animada :) eu só aguardo seguir currando para poder ir a Bilbo em dezembro :P
Beijocas e parabéms por estar nas ondas! Tem q ser algo realmente emocionante :))

(Reply to this)

O traballo é saúde
(Anonymous)
2006-12-06 09:50 pm UTC (link)
Mentres haxa traballo e saúde, que máis se pode pedir? unicamente que nos tocase a lotaría. Un saudiño de BOEDENSE (http://www.blogoteca.com/boedense).

(Reply to this)


Create an Account
Forgot your login?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…