| leituga ( @ 2006-09-08 18:14:00 |
| Current mood: | quen sabe!? |
Uf
Volta a Bilbo.
A miña amiga Ana escribiu unha cousa o outro día que, ao lela, púxome a pel de galiña.
-"Algún día, pensaba, encontrarás un lugar en el que te quieras quedar. No así, no de pronto, ni de forma premeditada. Simplemente te quedarás. Con una vida, tu vida, con gente y flechas y también lugares. Sin la sensación de que te estás perdiendo algo en otro rincón del globo"
Ogallá algún día eu deixe de ter esa sensación absurda que me abruma hoxe, a sensación de estar perdéndome cousas. Con todo isto aprendo, claro que si, pero hai tantas cousas que boto en falta... tantas toneladas de pensamentos que son incapaz de deixar atrás e que me pesan. Pésanme tanto que me doe o corpo, e fanme preguntarme moitas cousas ás que prefiro non contestar polo meu propio ben. Sei por qué estou aquí, e sei que TEÑO que vivir esta experiencia e continuala, pero non sei se quero volver sentir isto, non quero volver chegar a un sitio con grandes expectativas e que se veñan abaixo. Entón agora a cousa está en qué facer a partires do momento no que nada nos ate aquí, se seguir adiante ou aborta-lo plan. E non sabemos, polo que de aquí en diante quedan moitas cábalas e reflexións. Que por qué escribo isto? porque sei que a estas alturas xa ninguén o le, e porque se escribo parece que o problema se relativiza.
PD: É denigrante e mesmo denunciable que as mesmas cadeas de TV que fan campañas contra a anorexia promovan programas de "supermodelos". Noxento.