Home

Advertisement

Customize

Nadal :D

20th, Dec. 2006 | 11:20 am
O que Leitu sinte: Feliz... Nadal!
O que Leitu oe: Baba O'Reilly - The Who

Mentres oio un helicóptero (hoxe convocaran manifestacións de Askatasuna en toda Euskal Herria e onte Garzón dixo que as Forzas da Orde -jaja- as evitasen por calquera medio -armado ou sen armar-) penso que en dous días estarei voltando a casa. E non imaxinades a ilusión que me fai. Porque este ano vou estar quince días (que van pasar voando) en Vincios. Teño tantas ganas de ver a todo a xente!

Ademais, esta semana cometín o meu primeiro gazapo como xornalista radiofónica. Un gazapo que se non vives en Bilbo igual non o entendes, pero co que algo me di que me van tomar o pelo de forma indefinida. Maldito Lehendakari! :P

Pois o dito, Zorionak eta Urte Berri On! Bo Nadal e Feliz Aninovo!

:D

Ligazón | Leave a comment | Add to Memories | Tell a Friend