Home

Advertisement

Customize

Lume.

12th, Aug. 2006 | 10:10 am

Ardegaliza.info

Non teño palabras. Onte voltamos dende Bilbo pola Autovía das Rías Baixas e cada vez que viamos lume era unha puñalada. Xa non sabería enumerar cantas vilas arden. Arde TODO. E cada vez que falan de 'eficacia', de que 'todo está controlado', cada vez que vexo fotos de políticos con mangueiras (véxase Núñez Feijóo), cada vez que escoito á Ministra dicir que o que acontece en Galicia débese a unha patoloxía coa que nacemos porque os galegos no fondo somos vikingos, cada vez que alguén di/fai algo relacionado co lume que non sexa denuncialo ou extinguilo a min só se me ocorre preguntarme se temos realmente o que nos merecemos. Vaite ti a saber.

Avionetas que voan por riba da miña casa, lume, muxicas, fume... éntranme ganas de chorar.

 

O día 20 ás 12h en Compostela. Eu vou ir.

E a ti, prostitut@, que prendes lume ao monte por uns patacóns só podo dicirche que es un/ha desgrazad@, que non mereces nada.

Ligazón | Leave a comment {2} | Add to Memories | Tell a Friend