Agora tócame a min...
8th, May. 2005 | 10:30 pm
O que Leitu sinte: combativa
O que Leitu oe: Politik - Coldplay
Hai un pequeno proxecto ao que levo dándolle voltas arredor de tres anos e que agora á fin poderá ve-la luz. Conto cun equipo de persoas excepcional para levalo a cabo e con moitos folgos. Só espero que o meu traballo estea á altura dos acontecementos que vai narrar e saiba axustarse sen demasiada sensiblería ou excesivo amarelismo ao sucedido. A memoria histórica dun país, dunha vila e a da miña propia familia están enriba da mesa. Prometo traballar arreo para facer algo digno, de verdade.
'Foi no 36' - Un documental do Colectivo Garrafón
O meu bisavó foi asasinado. Durante os anos anteriores á Guerra Civil, en calidade de presidente do Sindicato Mariñeiro de Moaña levou a cabo unha serie de accións en contra das autoridades, como a folga de mariñeiros, para esixirlle á Patronal mellores condicións laborais, ou unha defensa dos intereses dos mariñeiros en detrimento dos beneficios dos capitáns de barco ou dos patróns. Nunha ocasión chegou a ter parados durante todo un ano á meirande parte dos mariñeiros da vila de Moaña, coas conseguintes perdas que iso supuxo. Durante eses anos estivo detido durante meses no cárcere de Vigo, acusado dun intento de atentado contra un Patrón. Esta detención semella máis ben unha vinganza pola folga anterior, unha represalia.
No ano 36, cando estoupa a Guerra, foi loitar ás barricadas de Vigo, dende as que retornou a Moaña, sabéndose perseguido. El e os outros cinco líderes sindicais da vila decidiron agocharse nun alboio coa axuda das súas familias e dalgúns confidentes, que os ían mantendo informados do que ía sucedendo e os aprovisionaban. Dise que durante o tempo (uns dous meses) no que estivo agochado, un dos seus confidentes acababa de conseguirlle un salvoconducto para saír dende Oporto cara México, ata que en Agosto do 36 -o confidente- é detido e confesa baixo tortura o lugar no que están agochados. Os falanxistas, capitaneados polo nazi Bruno Sveiger, detéñennos e envíanos ao cárcere de Vigo, onde permanecen entre un e dous meses presos, sometidos a continuas torturas. Días antes da súa detención, unha serie de Falanxistas entraron na casa do matrimonio, onde roubaron tódolos obxectos de valor (é por iso polo que non se conservan lembranzas materiais da familia que poidan servir para ilustrar este documental), raparon o pelo aos fillos e á muller do meu bisavó e vexáronos de xeito inhumán. Dende ese día ata o da súa morte non se sabe con exactitude canto tempo transcorreu: Disque desapareceu en Novembro do 36, data na que máis que probablemente foi asasinado. A Falanxe de Moaña reclamou aos seis sindicalistas que permanecían na cadea en Vigo e foron enviados de volta á vila. Un par de noites despois da volta a Moaña, Bruno e a súa tropa sacáronos de noite e leváronos ata o peirao. Alí torturáronos un a un para despois subilos nun bote que levaron ao medio da ría, onde lles ataron unha pedra ao pescozo e os lanzaron ao mar. O seu cadáver e os dos seus compañeiros nunca se recuperaron.
Dende ese día ata a fin da Dictadura, a miña bisavoa non tivo recoñecemento como viúva e a miña familia foi vexada por pertenceren ao bando perdedor. Con este documental quero dignifica-lo recordo do meu bisavó, agochado na memoria de todos aqueles que o sobreviviron, por seren uns feitos traumáticos. Quero descubri-lo lugar no que foi fondeado, aínda que só sexa para que a xente que o coñeceu, ou os que levamos o seu apelido, teñamos un lugar ao que poder ir visitalo.
A memoria histórica é o único que nos pode servir para evitar volver comete-los mesmo erros do pasado.